O día 24 de xaneiro deste 2020 publicouse a orde que ten por obxecto regular as axudas (MR340A) para empresas transformadoras/elaboradoras ou comercializadoras de alimentos que necesiten realizar investimentos en construción, maquinaria, equipamentos e intanxibles.

En resumo, estos son os puntos principais desta axuda:

CONVOCA

Consellería do Medio Rural

PRAZO

Ata 24/02/2020.

FINALIDADE/OBXECTIVO

Investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, sexa para a creación, ampliación ou modernización.

TIPOS DE APOIO

Subvención de capital.

BENEFICIARIOS

Empresarios e empresas de transformación de alimentos (constituídas ou aínda non).

REQUISITOS PRINCIPAIS

Investimento subvencionable mínimo de 60.000 €.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados as lietras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

CONTÍA DAS AXUDAS

Máximo 50% do investimento (varía segundo puntuación do proxecto).

COMPATIBILIDADE

Son compatibles con outras axudas con fondos non europeos.

MINIMIS

No está en réxime de minimis.

RESOLUCIÓN

Ata 24/08/2020.

EXECUCIÓN

Ata o 10 de outubro de cada anualidade, desenvolvéndose o proxecto nun máximo de 3 anualidades. Na primeira, correspondente ao ano 2020, deberá xustificarse.

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós, sen ningún tipo de compromiso, no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto