Axudas de apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, co fin de mellorar os resultados económicos das explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, incrementando a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

CONVOCA

Consellería de Medio Rural.

PRAZOS

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 31 de xullo de 2019 e remata o 30 de agosto de 2019.

O prazo de execución e xustificación remata o 30 de xuño de 2021.

BENEFICIARIOS

Titulares de explotacións agrícolas inscritos no REAGA coa orientación técnica económica principal en:

  • Horticultura ao aire libre ou invernadoiro: horta, flores e plantas ornamentais, cultivos mixtos.
  • Cultivos diversos: cogomelos, champiñóns, outros fungos cultivados, viveiros vitícolas, viveiros de árbores e arbustos froiteiros (agás castiñeiros e nogueiras), viveiros de planta ornamental.
  • Cultivos leñosos: froiteiras (agás castiñeiros e nogueiras) e oliveiral.
  • Sementes e plántula de hortalizas.
  • Pataca.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables os investimentos materiais ou inmateriais directamente relacionados coa orientación técnica económica principal, que supoñan unha mellora do rendemento global, da competitividade ou da viabilidade da explotación. En particular:

  • Reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
  • Compra de construcións agrarias en desuso (construcións que non forman parte das unidades produtivas doutra explotación agraria ou que pertencesen a unha explotación agraria que se atope en estado de baixa e se poñan en uso).
  • A plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira (excepto castiñeiros e nogueira).
  • Compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
  • Os gastos xerais, investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais (honorarios dos proxectos de construción ou reforma, licenzas de software, etc.)

CONTÍA DAS AXUDAS

O importe da axuda será do 30% dos custes elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función da aplicación de diferentes criterios.

Requírese un investimento mínimo de 5.000 €.

REFERENCIA LEXISLATIVA

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR419A).

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto