A Consellería do Medio Rural convoca axudas para aqueles que desexen incorporarse á actividade agraria, así como para aqueles que, tendo unha explotación e actividade iniciada, precisen realizar algún investimento na mesma.

Tes ata o 20 de xuño para presentar a solicitude da axuda.

 

PLANS DE MELLORA

Gastos subvencionables

  • Reforma ou construción de instalacións ou compra de construcións en desuso
  • Compra de maquinaria nova
  • Custes vinculados co anterior: honorarios de enxeñeiros, estudos de viabilidade, permisos e licenzas
  • Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola
  • Compra de terreos por un valor inferior ao 10% do custe subvencionable
  • Programas informáticos

Contía e tipo de axuda

  • Investimento mínimo: 5.000 € sendo o volume total do investimento: 120.000 €/UTA – Máx. 500.000 € nun período de 4 anos e un 30% máx. en maquinaria

O importe da axuda será do 30% dos custes elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función dos seguintes criterios:

  • 10% Cando se solicita xunto a una incorporación ou un agricultor mozo con incorporación en los últimos 5 anos
  • 5% en investimentos colectivos (procedente dunha fusión de explotacións)
  • 5% no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras específicas
  • 10% no caso de investimentos relacionados con agricultura ecolóxica
  • 5% no caso de operación subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola

O investimento executarase e xustificarase nun prazo de 18 meses dende a súa aprobación. O prazo para a obtención das licenzas de obra remata o 15 de setembro do 2019.

INCORPORACIÓN

Requisitos do beneficiario

Esta axuda está destinada a aquelas persoas de entre 18 e 40 anos que se queren incorporar a actividade agraria. Existen 4 modalidades de incorporación: a titularidade exclusiva, a cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria, a integración como socio nunha entidade asociativa ou o acceso mediante titularidade compartida.

O mozo deberá ter finalizado o proceso de instalación (alta en Facenda, alta na Seguridade Social e alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia) nos 9 meses seguintes trala concesión da axuda.

Xunto coa solicitude da axuda, deberá presetar un plan empresarial no que se descriva tanto a situación inicial da explotación, como a definitivas tras a instalación: identificación da superficie, produción, maquinaria, instalacións, man de obra, plan de produción, análise económica do proxecto, etc. A execución do mesmo levarase a cabo nos 24 meses seguintes á instalación do mozo.

Contía e tipo de axuda

Contía básica: 20.000 €, ampliable a 70.000 € (opcional):

  1. De acordo co volume de gasto cuxa necesidade ou conveniencia estea especificada no plan empresarial:
    • De 30.001 a 40.000 €: incrementase en 17.500 €.
    • De 40.001 a 60.000 €: incrementase en 25.000 €.
    • De 60.001 a 80.000 €: incrementase en 31.500 €.
    • De 80.001 a 100.000 €: incrementase en 40.500 €.
    • Máis de 100.001 €: incrementase en 45.000 €.
  2. Creación de emprego adicional (5 anos): 20.000€
  3. Instalación nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais: 5.000€

PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

Axuda destinada aos titulares de pequenas explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia que teñan a capacitación profesional suficiente, residan na comarca na que radique a explotación ou nunha limítrofe.

A explotación requirirá, como mínimo, dun volume de traballo equivalente á metade dunha Unidade de traballo (UTA), imputable ao titular, e manterase cando menos os 5 anos posteriores ao pago final da axuda.

Tamén se deberá pesentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.

Contía e tipo de axuda

A axuda consistirá nunha prima de 15.000€ e concederase pola execución do plan empresarial que terá una duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.


Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós, sen ningún tipo de compromiso, no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto