Semellantes ás axudas de plans de mellora da Consellería do Medio Rural, pero destinadas ás Explotacións Agrícolas especializadas en Produción Vexetal, convócanse por primeira vez coa intención de subvencionar distintos investimentos nas mesmas.

Tes ata o 6 de setembro para presentar a solicitude da axuda.

Axudas Investimentos Explotacións de Produción Vexetal MR419A 2018

Cifras principais

  • IMPORTE DA AXUDA: Variable (segundo % de axuda)
  • PORCENTAXE DE AXUDA: 30-50%
  • INVESTIMENTO MÍNIMO: 5.000 €
  • INVESTIMENTO MÁXIMO: 500.000 € (120.000 €/UTA)
  • MINIMIS: Non

Beneficiarios

Titulares de explotacións agrícolas de:

  • Horticultura ao aire libre ou invernadoiro: horta, flores e plantas ornamentais, cultivos mixtos.
  • Cultivos diversos: cogomelos, champiñóns, outros fungos cultivados, viveiros vitícolas, viveiros de árbores e arbustos froiteiros (agás castiñeiros e nogueiras), viveiros de planta ornamental.
  • Cultivos leñosos: froiteiras (agás castiñeiros e nogueiras) e oliveiral.
  • Sementes e plántula de hortalizas.
  • Pataca.

Investimentos subvencionables

  • Reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
  • Compra de construcións agrarias en desuso (construcións que non forman parte das unidades produtivas doutra explotación agraria ou que pertencesen a unha explotación agraria que se atope en estado de baixa e se poñan en uso).
  • Compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
  • Os gastos xerais, investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais (honorarios dos proxectos de construción ou reforma, licenzas de software,...).

Execución e xustificación

  • O prazo para executar e xustificar a axuda: ata 30/06/2020.
  • Con excepción dos gastos xerais, mentres non se solicita a axuda non se poden realizar investimentos.

Organismo

Consellería do Medio Rural

Prazos

Inicio: 07/08/2018
Fin: 06/09/2018
Resolución: 06/12/2018

Conceptos

Servizos

Beneficiarios

Particulares

Empresas

Solicitude en grupo: Non

Actividade

Agricultura

Sector

Produción

Tipo empresa

Micro / Pequena / Mediana / Grande

Produción primaria: Si

Compatibilidade

Non é compatible con outras axudas

Obriga de emprego

Non

Orde/Resolución

ORDE do 23 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

 

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós, sen ningún tipo de compromiso, no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto