As empresas que precisen de facer promoción dos seus produtos en mercados internacionais, poden valerse das axudas do IGAPE coñecidas como Galicia Exporta Empresas. Tanto accións de prospección de mercados, como participación en feiras, webs para promoción no estranxeiro, campañas de publicidade, entre numerosas accións posibles, poden solicitar esta axuda (IG622A, ou IG230), de ata un 70%, convocada no Diario Oficial de Galicia do 21 de decembro de 2017.

En resumo, estos son os puntos principais desta axuda:

CONVOCA

IGAPE

PRAZO

Ata 21/02/2018

FINALIDADE/OBXECTIVO

Accións de promoción nos mercados internacionais:

a) Actuacións de difusión

b) Actuacións de promoción

c) Accións de prospección en mercados internacionais..

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido

BENEFICIARIOS

Pemes.

REQUISITOS PRINCIPAIS

A peme debe estar dada de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

a) Actuacións de difusión:

1º Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

2º Plataforma de promoción online para mercados estranxeiros.

3º Plan de márketing internacional dixital: implementación de e-commerce para mercados internacionais, accións de publicidade dixital.

b) Actuacións de promoción:

Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos ou promocionais organizados por terceiros fóra de España. E participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros en España -fóra da Comunidade Autónoma de Galicia- sempre que estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2018 ou 2019 no Boletín Oficial do Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases). Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos, para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor.

c) Accións de prospección en mercados internacionais.

1º Axendas de reunións.

2º Desenvolvemento de clientes no estranxeiro: metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten.

3º Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para consolidación do negocio.

CONTÍA DAS AXUDAS

70%, e máximo 70.000 € de subvención (o que supón proxectos de máximo 100.000 € de investimento)

COMPATIBILIDADE

Son compatibles con outras axudas

MINIMIS?

SI, está en réxime de minimis

RESOLUCIÓN

Ata 14/09/2018

EXECUCIÓN

Actividades entre a presentación da solicitude de axuda e 01/10/2018 para actividades só no 2018, ou 01/07/2019.

 

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós, sen ningún tipo de compromiso, no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto