Ó igual que o resto do sector da alimentación, o sector vitícola conta con axudas para a realización de investimentos tanto para o proceso de elaboración como de comercialización. O Diario Oficial de Galicia do 26 de xaneiro deste 2018 publicou a convocatoria da orde reguladora destas axudas, que permitirán construír, mercar e mellorar bens inmobles, así como compra de maquinaria e instalación, entre outros conceptos, cun límite do 40% do investimento.

En resumo, estos son os puntos principais desta axuda:

CONVOCA

Consellería do Medio Rural

PRAZO

Ata 26/02/2018

FINALIDADE/OBXECTIVO

Investimentos no sector vitivinícola. Para produción (elaboración), comercialización ou ambas.

TIPOS DE APOIO

Subvención de capital

BENEFICIARIOS

Empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica, e organizacións interprofesionais.

REQUISITOS PRINCIPAIS

Os investimentos deben servir para acadar algún dos obxectivos estratéxicos indicados na orde.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles,

b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto,

c) Custos xerais vinculados aos gastos determinados nas letras a) e b), tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, así como estudos de viabilidade, co límite do 8 % do orzamento aprobado para a operación de investimento.

d) A adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e a adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

CONTÍA DAS AXUDAS

Máximo 40% do investimento (varía segundo puntuación do proxecto) para PEMEs.

COMPATIBILIDADE

Non son compatibles con outras axudas estatais ou autonómicas.

MINIMIS?

NON está en réxime de minimis.

RESOLUCIÓN

Ata 26/08/2018

EXECUCIÓN

Ata 30/04 de cada anualidade (2 máximo)

 

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós, sen ningún tipo de compromiso, no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto