O día 23 de xaneiro deste 2018 publicouse a orde que ten por obxecto regular as axudas (MR440D) para que aquelas empresas vinícolas e mesmo organizacións, asociacións, e órganos públicos relacionados co sector, que queiran facer promoción en países de fora da Unión Europea, a través de distintas accións e actividades (misións, feiras, estudos, degustacións...).

En resumo, estos son os puntos principais desta axuda:

CONVOCA

Consellería do Medio Rural

PRAZO

Ata 14/02/2018

FINALIDADE/OBXECTIVO

Medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido

BENEFICIARIOS

Empresas vinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de dous ou máis produtores, e organizacións profesionais e interprofesionais, órganos públicos.

REQUISITOS PRINCIPAIS

Para viños con DOP/IXP ou que se indique a variedade de uva.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

Misións comerciais.

Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.).

Promocións en puntos de venda.

Portais web para promoción exterior, redes sociais.

Misións inversas.

Oficinas de información.

Gabinete de prensa.

Presentacións de produto.

Feiras e exposicións internacionais, etc., sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores.

Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores.

Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.

Estudos e informes de mercado.

Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción.

CONTÍA DAS AXUDAS

Máximo 50% do investimento

COMPATIBILIDADE

Non son compatibles con outras axudas

MINIMIS?

NON está en réxime de minimis.

RESOLUCIÓN

Ata 14/08/2018

EXECUCIÓN

Gastos entre 01/06/2018 e 31/05/2019.

 

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós, sen ningún tipo de compromiso, no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto