FAIL (the browser should render some flash content, not this).


Castellano    ::     Galego






CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE Agronovo Ecoloxía, SL

www.agronovo.es

Agronovo Ecoloxía, S.L. (a seguir Agronovo ) con domicilio no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, local 5, con CIF B27301092, representada por Javier Villanueva López, con NIF 33337625E pon a disposición no seu sitio web www.agronovo.es determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Agronovo por parte dos USUARIOS que acedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ao USUARIO no sitio web www.agronovo.es en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se producise esta aceptación.

Agronovo Ecoloxía, S.L. está INSCRITA NO REXISTRO MERCANTIL DE LUGOTOMO 326, LIBRO 0, FOLIO 200, HOJA nº LU-9535, INSCRIPCIÓN 1ª.

O aceso ao sitio web de Agronovo implica a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que nel se ofrecen para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

De acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos así como en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o usuario acepta que os datos persoais aportados no momento do seu rexistro, ou calquera outro, facilitado a Agronovo para o seu acceso a algúns dos servizos da web, sexan incorporados a un ficheiro titularidade de Agronovo, coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, para a correcta identificación dos usuarios que solicitan servizos personalizados na web de www.agronovo.es, para a realización de estudios estatísticos dos usuarios rexistrados que permitan deseñar melloras nos servizos prestados, para a xestión de tarefas básicas de administración, así como para manterlle informado, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades, produtos e servizos relacionados con Agronovo. No caso de comunicacións comerciais a través de correo electrónico ou medio equivalente, o usuario presta o seu consentimento expreso para o envío de publicidade a través de dito medio.

Agronovo se compromete ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade, e asume a estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e demais lexislación aplicable.

O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose Agronovo o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que teña facilitado datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.

Calquera usuario rexistrado pode en calquera momento exercer o dereito a acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos de carácter persoal subministrados, mediante petición escrita, axuntando unha fotocopia do DNI e indicando o dereito a exercitar a: AGRONOVO ECOLOXÍA, S.L. (Recinto Feiral de Lugo, O Palomar, s/n - Local 5 - 27004 Lugo (España)).

PRIMEIRA.- O sitio web de Agronovo foi realizado por un lado, coa fin de pór a disposición de terceiros información sobre as súas actividades e por outro, pór a disposición dos usuarios a posibilidade de contactar con Agronovo para solicitar información adicional.

SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE ACESO E USO
2.1.- A utilización do sitio web de Agronovo non implica a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, a non ser que este USUARIO queira utilizar a base de datos de artigos existentes en www.agronovo.es onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico. Esta suscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de aceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Están prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente Agronovo prohibe os seguintes:
2.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de Agronovo ou a terceiros.
2.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spamming") ou o envío de grandes mensaxes coa fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").
2.1.3.- Agronovo poderá interromper en calquera momento o aceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais -ver cláusula quinta.

TERCEIRA.- CONTIDOS Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:
3.1.- Agronovo utilizando fontes internas e externas de tal modo que Agronovo só se fai responsábel polos contidos elaborados de forma interna.
3.2.- Terceiros alleos a Agronovo ben a través de colaboracións directas no sitio web ou ben presentes a través de hiperligazóns ou links a outros sitios web ou a noticias de outros sitios dos que non é titular Agronovo. Agronovo en ningún caso será responsábel dos contidos así introducidos e non garante o correcto funcionamento de todos estes links ou hiperligazóns.O USUARIO que queira establecer unha hiperligazón no seu sitio web ao sitio web de Agronovo non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións postas a disposición no referido sitio web.
3.3.- Agronovo resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

CUARTA.- RESPONSABILIDADE.-
4.1.- Agronovo en ningún caso será responsábel de:
4.1.1.- Os erros e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.
4.1.2.- Da produción de calquera tipo de dano que os USUARIOS ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.
4.2.- Agronovo resérvase o dereito a suspender o aceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal até o aseguramento da efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse. Ademais, Agronovo colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento certo de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.
4.3.- Agronovo asume as responsabilidades que poidan derivarse da prestación dos servizos que ofrece nos límites e tal e como se especifica nas distintas Condicións Xerais de Contratación dos servizos que se poñen a disposición do USUARIO.

QUINTA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.- Agronovo é unha marca rexistrada. Está prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de Agronovo, que inclúe tanto o nome como o logotipo, salvo consentimento expreso de Agronovo. Están reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web de Agronovo -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- está plenamente protexido polos dereitos de autor, estando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos elementos referidos protexidos salvo consentimento expreso de Agronovo.

SEXTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICÁBEL.- As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derivar das presentes condicións xerais os Xulgados de Lugo renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

SÉPTIMA: No caso de que calquera cláusula do presente documento fose declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Agronovo poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidas neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Agronovo.