Publicada a orde que establece as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo para o ano 2015.

FINALIDADE

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento.

BENEFICIARIOS

As Cooperativas e Sociedades Laborais inscritas nos rexistros correspondentes. (Excluídas as empresas dos sectores da pesca e a acuicultura; empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas; e empresas dedicadas a actividades relacionadas coa exportación a terceiros países).

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo remata o luns 17 de agosto de 2015.

LIÑAS DA AXUDA

  • I) Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais: Dirixido a fomentar a incorporación de persoas desempregadas e de traballadores e traballadoras con carácter temporal como socios e socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido.
  • II) Programa de fomento do acceso á condición de persoa socia: Dirixido ao fomento do acceso á condición de socios e socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia
  • III) Programa de impulso de proxectos empresariais cooperativas e asistencia técnica: Dirixido a fomentar o cooperativismo e a economía social, concedendo subvencións que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais, tanto de nova creación como xerados polas cooperativas e sociedades laborais e existentes.

          Proxectos empresariais subvencionables:

              - Constitución de cooperativas ou sociedades laborais

              - Transformación doutras fórmulas empresariais en cooperativas ou sociedades laborais

              - Lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade das cooperativas ou sociedades laborais existentes

  • IV) Programa de promoción das cooperativas: Dirixido a apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación de cooperativas xuvenís mediante subvencións para financiar os custos derivados do lanzamento da actividade:

              - Arrendamento e mantemento de locais, instalacións, maquinaria e elementos de transporte

              - Materias primas, embalaxes, envases e outros aprovisionamentos necesarios para a produción

              - Elaboración de material publicitario funxible e anuncios publicitarios nos medios de comunicación

              - Seguros, gastos financeiros e bancarios Enerxía, comunicacións e transportes

              - Material de oficina

              - Consumibles para equipamentos informáticos e maquinaria

              - Equipamentos e sistemas para as TIC, de páxinas web e de sistemas telemáticos de xestión e para o comercio electrónico

              - Roupa de traballo e material funxible para a prevención de riscos laborais

MAIS INFORMACIÓN

Se estás interesado nalgunha das liñas da axuda, podemos axudarte. Pásate polas nosas oficinas situadas en Camiño Real, 72-74, entreplanta (Lugo), chámanos por teléfono (982 246 762) ou mándanos un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Podes ler un resumo mais completo da axuda no seguinte enlace: Cooperativismo 2015.

Compartir

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto