Tramite a PAC con Agronovo Ecoloxía...    

Neste ano 2015 atopámonos coa nova Política Agraria Común (PAC), o que supón unha serie de cambios con respecto a anos anteriores, como a incorporación de novos pagos directos.

A solicitude única tamén incluirá diversas axudas de desenvolvemento rural, destacando as novas axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica correspondentes ao Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, publicado onte, mércores 11 de marzo de 2015.

Outra das novidades é que a tramitación da solicitude única debera facerse a través da aplicación informática SGAcap, e unha vez finalizada e rexistrada a solicitude, NON será necesario levar ningún documento á Oficina Agraria Comarcal (OAC).

O prazo para presentar a PAC comezou o 1 de marzo e remata o 15 de maio, pero as solicitudes non se poderán tramitar ata que a aplicación informática SGAcap estea dispoñible.

Os produtores poderá tramitar a solicitude a través de entidades colaboradoras como Agronovo Ecoloxía S.L.. Para elo, o FOGGA envioulle a cada produtor unha carta na que consta un Código de Identificación do Produtor (CIP), de 10 díxitos que, xunto co NIF/CIF, permítenos acceder aos datos para complementar a solicitude.

 ¿QUE VANTAXES OBTÉS TRAMITANDO A PAC CON AGRONOVO ECOLOXÍA?

O novo período da PAC impón condicións completamente diferentes e moitas novidades. Tal é o cambio no sistema de solicitudes que non tódolos bancos que tramitaban a PAC no 2014 a tramitarán este ano, e algúns só tramitarán os expedientes máis simples (os que non solicitan axudas de Desenvolvemento Rural).

O que se presente nesta PAC, determinará o que o produtor cobrará ata o ano 2021.

Atendendo a esta situación, é vital estudar cada caso, entendendo ben os compromisos e vendo cal é a forma máis axeitada a cada produtor.

En Agronovo, ademais de xestionar a solicitude, facemos unha análise previa, dedicándolle a atención e o tempo necesario para que o produtor obteña o máximo beneficio. Este tempo co produtor tamén nos permite resolverlle todo tipo de dúbidas que lle poidan xurdir.

No que se refire as axudas autonómicas de Desenvolvemento Rural (coñecidas no período anterior como CES: Contrato de Explotación Sustentable), para beneficiarse delas, é requisito indispensable recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega). Agronovo é Entidade de Aconsellamento, polo que tamén pode xestionar este tipo de axudas.

¿POR QUE É IMPORTANTE O ASESORAMENTO PREVIO?

Como xa indicamos, o que se solicite este ano, determinará as axudas a percibir ate o 2021.

É moi importante que o produtor analice ben a situación e presente a solicitude atendendo a diversos puntos como a orientación produtiva, os animais, a superficie das parcelas da explotación, o seu réxime de uso, etc.

Axudamos e asesoramos aos produtores na toma de decisións como a conveniencia ou non de facer concentración de primas, o cumprimento ou incumprimento do greening, etc.

Así mesmo, contemplaremos as distintas opcións para superar as trabas impostas polas condicións das axudas.

Compartir

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto