De novo a Consellería do Medio Rural volveu a convocar as axudas para aqueles que desexen incorporarse á actividade agraria, así como para aqueles que tendo unha explotación e actividade iniciada, precisen de realizar algún investimento na mesma.

Tes ata o 16 de abril para presentar a solicitude da axuda, acompañada do Plan Empresarial.

Estas axudas teñen 3 variantes: Plans de Mellora / Plans de Incorporación / Pequenas Explotacións. A continuación, os detalles máis interesantes de cada unha.

PLANS DE MELLORA

Gastos subvencionables

  • Reforma ou construción de instalacións ou compra de construcións en desuso
  • A compra de maquinaria nova
  • Custes vinculados co anterior: honorarios de enxeñeiros, estudos de viabilidade, permisos e licenzas
  • Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola
  • A compra de terreos por un valor inferior ao 10% do custe subvencionable
  • Programas informáticos

Novidades respecto ó 2017

Terase en conta por primeira vez as explotacións que invistan para reducir as emisións contaminantes de amoníaco (5 puntos) e/ou dióxido de carbono (4 puntos). Valorarase que a granxa estea en control leiteiro oficial (1 punto), que unha muller sexa a titular (2 puntos) ou que se teñan contratados seguros de produción agrícola ou gandeira, a excepción dos de retirada de cadáveres (3 puntos).

Outra das novidades da orde é a redución do valor máximo por beneficiario, sendo agora a contía máxima de 500.000 euros nun prazo de catro anos.

Contía e tipo de axuda

  • Investimento mínimo: 5.000 € sendo o volume total do investimento: 120.000 €/UTA – Máx. 500.000 € nun período de 4 anos e un 30% máx. en maquinaria
  • Excepción: plan de mellora dun agricultor mozo que presente simultaneamente una primeira instalación

O importe da axuda será do 30% dos custes elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función dos seguintes criterios:

  • 10% Por agricultor mozo
  • 5% en investimentos colectivos (procedente dunha fusión de explotacións)
  • 5% no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras específicas
  • 10% no caso de investimentos relacionados con agricultura ecolóxica
  • 5% no caso de operación subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola

O investimento executarase e xustificarase nun prazo de 18 meses dende a súa aprobación. O prazo para a obtención das licenzas de obra remata o 15 de setembro do 2018.

INCORPORACIÓN

Requisitos do beneficiario

Esta axuda está destinada a aquelas persoas de entre 18 e 40 anos que acaden a capacitación profesional suficiente. O mozo deberá ter iniciadas as actuacións nos 9 meses seguintes trala concesión da axuda e telas completadas tras 24 meses dende a súa instalación.

Existen 4 modalidades de incorporación: a titularidade exclusiva, a cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria, a integración como socio nunha entidade asociativa ou o acceso mediante titularidade compartida.

Contía e tipo de axuda

Contía básica: 20.000 € , ampliable a  70.000 € (opcional):

  1. Segundo o volume de gasto dedicado á posta en marcha da nova explotación + compra de animais + compra de plantas non anuais que incrementen a dimensión produtiva: A prima incrementarase un 40% do gasto ata un máximo de 45.000€
  2. Creación de emprego adicional (5 anos): 20.000€
  3. Instalación nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais: 5.000€

PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

Axuda destinada aos titulares de pequenas explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia que teñan a capacitación profesional suficiente, residan na comarca na que radique a explotación ou nunha limítrofe.

A explotación requirirá, como mínimo, dun volume de traballo equivalente á metade dunha Unidade de traballo (UTA), imputable ao titular, e manterase cando menos os 5 anos posteriores ao pago final da axuda.

Contía e tipo de axuda

A axuda consistirá nunha prima de 15.000€ e concederase pola execución do plan empresarial que terá una duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.

 

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós, sen ningún tipo de compromiso, no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto