O día 20 de xuño publicouse a orde que ten por obxecto regular as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia mediante plans (procedemento MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2017.

O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantación de viñas para calquera das superficies de viña das súas explotacións.

CONVOCA

Consellería de Medio Rural (Xunta de Galicia)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

21/06/2017-20/07/2017

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Ata 20/12/2017 (5 meses dende a data de remate do prazo de solicitude)

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a produción de uva a vinificación.

PLANS DE REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA

  1. O réxime de axudas á reestruturación e á reconversión de viñas levarase a cabo a través de plans que agruparán as persoas viticultoras solicitantes das axudas, nos cales figurarán as operacións solicitadas por cada un deles para as súas explotacións.
  2. Os plans en ningún caso se estenderán alén do exercicio financeiro 2018.
  3. Os plans de reestruturación e reconversión poderán ser de dous tipos:
  4. Colectivos, constituídos por un mínimo de 5 persoas viticultoras.
    • Individuais.
    • Os plans colectivos executaranse no marco dun acordo celebrado entre todos os viticultores participantes. Este acordo incluirá a designación dun representante do plan.
  5. Así mesmo, no dito acordo recollerase o compromiso das persoas viticultoras de dispoñer dun técnico agrario (con titulación de enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao en enxeñaría agrícola e do medio rural). O representante do plan poderá exercer como técnico sempre que reúna a titulación exixida.

CONDICIÓNS DOS PLANS

Para poder acceder a estas axudas, cumpriranse as seguintes condicións:

  1. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida no marco dun plan será de, polo menos, unha hectárea (1 ha) para os plans colectivos e 0,2 ha para os plans individuais.
  2. O ámbito territorial dos plans non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexidas (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.
  3. A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida, será polo menos de 100 m2. Malia o anterior, nos casos en que a medida se limite a operacións de reenxerta e/ou cambio de sistema de condución, a superficie mínima será aquela con que a parcela figura no rexistro vitícola de Galicia.
  4. A superficie máxima elixible será de 15 hectáreas por persoa viticultora e ano de convocatoria.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

O apoio á reestruturación e reconversión de viña só poderá concederse para unha o varias das actividades seguintes:

  • A reimplantación de viñas.
  • A reconversión varietal.
  • A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As operacións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios máximos recóllense no anexo VI da correspondente orde.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

31 de xullo de 2018, inclusive.

INCOMPATIBILIDADE DAS AXUDAS

Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

CONTÍA ECONÓMICA DAS AXUDAS

As axudas poderán ser de:

a) Compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (1.290,00 euros/ha e campaña, se for o caso).

b) Custos de reestruturación e reconversión da viña (50 % dos custos elixibles para os plans colectivos e do 35 % para os individuais).

CRITERIOS DE SELECCIÓN DE OPERACIÓNS

  • A superficie en que solicita a operación sufriu un fenómeno meteorolóxico adverso no último ano: 8 puntos.
  • Plan colectivo: 7 puntos.
  • Superficie reestruturada de viña baixo o ámbito dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexidas «viño da terra», maior do 50 % da superficie pola que se solicita: 5 puntos.
  • Superficie reestruturada de viña situada en zonas desfavorecidas, de acordo coas categorías establecidas no capítulo V do Regulamento 1257/1999, do 17 de maio, e consonte a relación de concellos recollida na Directiva 86/466/CEE do Consello, do 14 de xullo, maior do 50 % da superficie pola que se solicita: 4 puntos.
  • Agricultores mozos ou persoas beneficiarias dunha axuda á incorporación de mozos á actividade agraria respecto ao total de viticultores que integran o plan, maior do 50 % do total dos solicitantes: 3 puntos.
  • Agricultores profesionais respecto do total de viticultores que integran o plan maior do 50 % do total dos solicitantes, no caso de persoas xurídicas polo menos o 50 % dos socios deberán ter esta consideración: 2 puntos.
  • Explotacións de titularidade compartida respecto do total de viticultores que integran o plan maior do 50 % do total dos solicitantes: 1 punto.
  • Persoa viticultora muller respecto do total de viticultores que integran o plan maior do 50 % do total dos solicitantes, no caso de persoas xurídicas polo menos o 50 % dos socios deberán ter esta consideración: 1 punto.

REFERENCIA LEXISLATIVA

ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2017 (DOG Nº116 do 20/06/2017)

 

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós, sen ningún tipo de compromiso, no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto