O pasado día 9 de marzo publicáronse estas axudas para a contratación de xestores de internacionalización polas empresas galegas. As empresas que precisan contratar un xestor para reforzar ou comezar na exportación, serán as beneficiadas por esta axuda.

CONVOCA

IGAPE

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata 09/05/2017

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Ata 31/07/2017.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Contratar persoas (mozos/as profesionais e profesionais sénior experimentados en situación de desemprego), con formación especializada, como xestores da internacionalización en empresas.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

a)    Que sexan pemes.

b)    Que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c)    Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo, a partir de 01/01/2013. Se non estades dados de alta, debedes solicitala antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d)    Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

Modalidades de contratación

Serán subvencionables contratos laborais a tempo completo ou a tempo parcial (mín. 50% da xornada laboral completa).

Os xestores teñen que estar na base de datos de Igape de xestores de internacionalización.

Serán contratos indefinidos ou temporais de mínimo 15 meses.

No caso de contratos a tempo parcial, un mesmo xestor pode ser compartido -con contratos subvencionados por estas bases- por un máximo de dúas empresas.

O custo subvencionable será o salario neto correspondente a un máximo de 15 meses de contratación.

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

Subvenciónanse contratos formalizados a partir da data de solicitude de axuda, ata o 31 de agosto de 2018.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable:

a)    85% no caso de contratación de mulleres ou mozos de calquera xénero inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

b)    80% no resto dos casos.

COMPATIBILIDADE

Son incompatibles con calquera outra axuda concedida para o mesmo concepto subvencionable.

MINIMIS

Si que lle afecta (200.000 € de axudas de minimis en 3 exercicios fiscais).

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 2 de marzo de 2017 (DOG Nº48 do 09/03/2017) - Bases reguladoras e convocatoria 2017.

 

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós sen ningún tipo de compromiso no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto