O pasado día 9 de marzo publicáronse estas axudas para accións de promoción exterior para as empresas galegas. Todas aquelas empresas interesadas en promocionarse, difundir os seus produtos cara o estranxeiro (dentro ou fora da Unión Europea), e analizar mercados, esta é unha boa opción.

CONVOCA

IGAPE

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata 09/05/2017

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Ata 21/07/2017

PRAZO DE EXECUCIÓN

Día da solicitude – 30/06/2018 (ou o establecido na resolución da axuda).

Se é só ata 31/08/2017: solicitude de cobramento ata 08/09/2017.

Se é só ata 30/06/2018: solicitude de cobramento ata 20/07/2018.

Tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2016 exixidos en concepto de reserva para accións realizadas no exercicio 2017.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Incentivar a realización de accións de promoción exterior. Subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión

b) Actuacións de promoción (fora de España, ou incluso feiras internacionais en España, neste caso se exclúen as visitas)

c) Prospección en mercados internacionais

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan unha PEME.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo, a partir de 01/01/2013. Se non estades dados de alta, debedes solicitala antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que teñan algún empregado por conta allea en Galicia dende a data de solicitude da axuda ata a de xustificación.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

Gasto subvencionable mínimo: 4.000 €.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES.

a) Actuacións de difusión. Ata 10.000 € de gasto máximo subvencionable.

1º. Gastos de inserción nos medios de comunicación.

2º. Gastos de cotas de participación en plataformas de promoción en liña.

3º. Gastos de servizos para plan de márketing dixital. Non será subvencionable o mero deseño do plan se non se executa polo menos parte del dentro do prazo final de execución da axuda.

4º. Gastos de deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico. Non serán subvencionables os gastos de mantemento.

b) Actuacións de promoción. Ata 24.000 € de gasto máximo subvencionable/evento como expositor.

1º. Gastos de viaxe dunha persoa por empresa solicitante á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España. Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.

2º. Aloxamento dunha persoa por empresa (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoitas.

3º. Gastos de alugamento de espazos e servizos relacionados co dito alugamento; alugamento ou construción do posto; alugamento de mobiliario ou outra decoración e servizos inherentes á participación no evento como expositor facturados polo organizador.

4º. Gastos de servizos de intérpretes, modelos, azafatas ou outro persoal de apoio; envío de material promocional e mostras (unicamente envío de mostras sen valor comercial) e deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

c) Prospección novos mercados. Ata 5.000 € de gasto máximo subvencionable.

Gastos de servizos para a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais. Excepto para servizos ofertados pola rede Pexga. Non será subvencionable a mera realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo final de execución da axuda.

CONTÍA DAS AXUDAS

Máximo 70%, e 70.000 € de subvención máxima (é dicir, o importe de gasto máximo subvencionable é de 100.000 €).

COMPATIBILIDADE

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo proxecto ata o 100% do gasto subvencionable, sempre que se subvencionen conceptos diferentes.

MINIMIS

Si que lle afecta (200.000 € de axudas de minimis en 3 exercicios fiscais).

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 2 de marzo de 2017 (DOG Nº48 do 09/03/2017) - Bases reguladoras e convocatoria 2017

 

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós sen ningún tipo de compromiso no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto

 

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto