Oficialmente dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril pódense solicitar as axudas para a campaña da PAC 2017, aínda que non será ata dentro duns días cando a aplicación para a tramitación este operativa e comecen a cargarse os primeiros expedientes.

Mediante a Solicitude Única (SU) o produtor pode solicitar todas as axudas dunha sola vez, coidando a correcta tramitación da solicitude e os prazos para evitar posibles penalizacións ou incluso a exclusión do sistema de axudas.

Agronovo Ecoloxía conta coa experiencia e os profesionais adecuados para levar a cabo esa tramitación. Dispón do Servizo de Aconsellamento e Xestión (nº resxistro EAX08-20) obrigatorio para a concesión das axudas de Desenvolvemento Rural como son as medidas de Agroambiente e Clima e as axudas de Agricultura Ecolóxica.

NOVIDADES PAC 2017

As novidades mais destacables son as que se citan a continuación:

  • Aquelas persoas dadas de alta no REGEPA (excluídas explotacións de autoconsumo e as que so teñen viñedo), terán que presentar unha declaración gráfica a través da SU
  • Axuda extraordinaria do vacún de leite: non incremento e proxectos de cooperación
  • Importe mínimo para percibir pagos da PAC: 300 €
  • Axuda asociada ao vacún de leite: os animais elixibles serán femias de aptitude láctea de idade igual ou superior a 24 meses a 30 de abril
  • Axuda asociada ás explotacións que manteñen vacas nutrices: os animais elixibles serán vacas nutrices que pariran os 20 meses previos ao 30 de abril
  • Axuda asociada ao ovino e caprino: modifícase o umbral mínimo de movementos de saída da explotación, incrementando de 0,4 a 0,6 años e cabritos por femia reprodutora e ano e aumentando á produción mínima de 60 a 80 litros para o ovino e de 100 a 200 litros para caprino.
  • Período principal de cultivo en Galicia: entre o 15 xaneiro e o 15 abril. O cultivo a declarar é o que ocupe a superficie a maior parte dese período. O número de cultivos e as porcentaxes hai que cumprilas todos os días do período principal.
  • Declaración gráfica para solicitantes que declaran 30 has ou máis.
  • As persoas físicas poder recibir pagos directos da PAC, aínda que desenvolvan determinadas actividades excluíntes en principio da percepción das axudas, si están dado de alta no Sistema Especial para Traballadores Agrarios da Seguridade Social
  • A efectos das actividades consideradas non agrarias, se terá en conta non so ao solicitante, senón ás entidades asociadas vinculadas con el mesmo.
  • A superficie de barbeito ou de leguminosas fixadoras de nitróxeno, non deben ser precedidas no ano anterior dun cultivo fixador de nitróxeno. Esta limitación so debe aplicarse si o cultivo fixador de nitróxeno sementado o ano anterior se computara como superficie de interese ecolóxico no cálculo da axuda. Ademais, inclúense dentro da lista dos cultivos fixadores de nitróxeno a soia e o cacahuete.

O importe total das axudas para a campaña 2017 é de 4.926 millóns de euros, que se aboarán a partir do 16 de outubro de 2017 e ata o 30 de xuño de 2018.

ENTIDADE DE ACONSELLAMENTO E XESTIÓN

¿Que ofrece Agronovo Ecoloxía como Entidade de Aconsellamento e Xestión?

  • Asesoramento e tramitación da PAC 2017, incluídas as liñas de Desenvolvemento Rural (anteriormente coñecidas como CES)
  • Estudamos a situación do solicitante e xestionamos a súa solicitude
  • Servizo de aconsellamento específico durante 2017
  • Visita inicial a explotación e visitas de seguimento
  • Consultas en oficina e consultas telefónicas
  • Formalización do caderno de explotación, obrigatorio para as liñas de Desenvolvemento Rural
  • Toma e interpretación de mostras de fertilidade e residuos
  • Elaboración de informe posterior ás visitas, incluíndo resultado e interpretación das analíticas
  • Resolución de problemas e incidencias derivadas da tramitación da SU
  • Control e seguimento do expediente

Ademais, traballamos dende o ano 2004 no sector da produción ecolóxica, polo que se a túa explotación está certificada polo CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), incluímos no servizo de aconsellamento as tramitacións derivadas desta certificación: resposta a non conformidades, exacción de ventas, plan de produción vexetal, etc.

Se tes interese nos nosos servizos ou necesitas máis información, contacta con nós sen ningún tipo de compromiso no 982 246 762 ou a través do noso formulario de contacto

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto