OBXECTIVO

Submedida de apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo

CONVOCA

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

1ª convocatoria: ata 31 de marzo de 2017

2ª convocatoria: ata 31 de maio de 2017

BENEFICIARIOS

  • As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado
  • As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores
  • As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades

Non poderán ser beneficiarios as empresas que operen no sector de pesca, da acuicultura e/ou da transformacións e comercialización de produtos pesqueiros

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DA SUBVENCIÓN

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES CONTÍA DA SUBVENCIÓN

 I. Investimentos no sector da produción agraria primaria (proxectos produtivos)

          a) Investimentos en explotacións agrarias existentes que se refiran á mellora da súa eficiencia enerxética e/ou ao emprego de fontes de enerxía renovables (a redución dos custos derivados da mellora deberán acadar unha porcentaxe mínima do 40%)

          b) Pequenos proxectos, ata un máximo de 30.000 €, que supoñan o inicio ou a implantación dunha actividade agraria, que supoña unha actividade complementaria á actividade non agraria do promotor

15%-50%

 II. Investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios (proxectos produtivos), ata un máximo de 30.000 €

15%-50%

 III. Investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais (proxectos produtivos)

15%-50%

Máx. 200.000 €

 IV. Investimentos que supoñan diversificación das explotacións agrarias para actividades non agrarias (proxectos produtivos)

15%-50%

Máx. 200.000 €

 V. Investimentos que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias (proxectos produtivos)

15%-50%

Máx. 200.000 €

 VI. Inversións en proxectos non produtivos

30%-90%

Máx. 200.000 €

 VII. Proxectos de formación promovidos polo GDR coa finalidade de incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio (proxectos non produtivos) ata o 100%
 VIII. Gastos correntes ou de funcionamento dos GDR (proxectos non produtivos) ata o 100%
  IX. Gastos de animación (proxectos non produtivos) ata o 100%

 

ZONAS XEOGRÁFICAS

Todo o territorio rural galego,excluíndo:

  • Parroquias de mais de 6.000 habitantes nas provincias de A Coruña e Pontevedra e mais de 10.000 habitantes en Lugo e Ourense
  • Os términos municipais dos concellos de A Coruña e Vigo
  • Parques empresariais situados nos términos municipais de A Coruña e Vigo e nos concellos de Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra.

REQUISITOS

a) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias  e coa Seguridade Social e non ter  débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia

b) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos nos  parágrafos 2 e 3  do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), e, en particular, non ter sido condenado mediante sentenza firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas

c) Cumprir os requisitos de pequena empresa:

  • Empregar menos de 50 persoas
  • Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non supere os 10 millóns de euros

d) Cumprir os requisitos que, en función da tipoloxía de proxectos, se especifican nas fichas de elixibilidade

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Construción, adquisición e mellora de inmobles que vaia a ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, a porcentaxe subvencionable non poderá superar o 50% dos gastos subvencionables
  • Adquisición de terrenos ata o límite do 10% do total dos gastos subvencionables
  • Adquisición de maquinaria e equipamento novos
  • Investimentos  intanxibles como a adquisicións e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos e publicacións
  • Custos xerais vinculados aos gastos de investimentos, tales como  honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobra a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade. Os custos xerais descritos nesta epígrafe non poderán superar os 12% do custo total subvencionable das operacións de investimento a que estean vinculados.
  • Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas. A suma dos gastos sinalados nesta epígrafe xunto coa suma dos gastos en custos xerais sinalados na epígrafe anterior non poderán superar o 20% do conxunto de gastos subvencionables do proxecto
  • Medios e equipos de transporte

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese

 

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto