Obxectivo: Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización. Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
Cubre: Bens inmobles, nova maquinaria, terreos, programas informáticos, etc.
Remata: 18/03/2016

CONVOCA

Consellería do Medio Rural.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Comezará o 18 de xaneiro de 2016 e rematará o 18 de marzo de 2016.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Gandeiros e demais produtores agrarios.

COMPROMISOS

1.     Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.

2.     Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.

3.     Investimentos: Mínimo subvencionable de 5000€, Máximo subvencionable: 120.000€/traballador.

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

a)    A construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

b)    A compra de nova maquinaria ( incluídos os  hono­rarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, permisos ou licenzas).

c)     A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

d)    Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

CONTÍA DAS AXUDAS

Importe será do 40% do custos elixibles

Pode incrementar ata o 80% se:

a)    10% cando beneficiario sexa Agricultor Mozo ou se instalase nos  5 anos anteriores á axuda. Os solicitantes deben seguir sendo Agricultor Mozo na actualidade

b)    10% no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais.

c)     10% en operacións subvencionables en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola (marco da Axencia Europea de Innovación).

d)    10% no caso de investimentos relacionados coa  produción ecolóxica e medidas agroambientais

INCOMPATIBILIDADES

Incompatibles con calquera outra axuda, para o mesmo proxecto.

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese

 

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto