Obxectivo: Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen as vantaxes dos produtos da Unión Europea, participación en feiras e exposicións de importancia internacional, estudos de novos mercados, etc.
Cubre: Custo de persoal, gastos xerais, aloxamento, manutención e comidas colectivas, viño (como material promocional), material promocional, etc.
Remata: 18/01/2016

CONVOCA

Consellería do Medio Rural.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 16 de decembro de 2015 rematará o 18 de xaneiro de 2016.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva (ata esgotamento do crédito orzamentario).

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

a)    Empresas vinícolas, é dicir, aquelas que elaboren e comercialicen algún dos seguintes produtos: viño, viño de licor, viño espumoso, viño espumoso de calidade, viño espumoso aromático de calidade, vino de agulla, vino de agulla gasificado, viño de uvas pasificadas, viño de uvas sobremaduras e viños ecolóxicos.

b)    Organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas nos artigos 152, 156 e 157 do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, recoñecidas polo Estado membro e que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

c)     Órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas vínicas.

d)    Asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas do sector vitivinícola.

e)    Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

f)     As cooperativas de segundo ou ulterior grao que comercializan viños elaborados polas súas adegas cooperativas asociadas.

g)    No caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados en terceiros países.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

1.- Tipos de accións e duración dos programas:

a)    Accións e actividades:

Accións

Actividades

Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes

dos produtos da Unión Europea en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente

Misións comerciais

Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.)

Promocións en puntos de venda

Portais web para promoción exterior

Misións inversas

Oficinas de información

Gabinete de prensa

Presentacións de produto

Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional

Feiras e exposicións internacionais, etc., sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores

Campañas de información, en particular sobre os sistemas da Unión Europea de denominacións de orixe,

indicacións xeográficas e producións ecolóxicas

Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores

Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.

Estudos de novos mercados,  necesarios para a busca de novas saídas comerciais

Estudos e informes de mercado

Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información

Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción

Auditorías de execución de medidas e gastos das operacións

b)    As ditas accións deberán levarse a cabo preferentemente no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolvan nun ou varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.

c)     Os programas poderán ter unha duración máxima de tres anos por beneficiario e país. Non en tanto, poderán ser prorrogados por un período de non máis de dous anos.

2.- Produtos e países que poden ser obxecto de accións

a)    Produtos: viño, viño de licor, viño espumoso, viño espumoso de calidade, viño espumoso aromático de calidade, vino de agulla, vino de agulla gasificado, viño de uvas pasificadas, viño de uvas sobremaduras e viños ecolóxicos; que pertenzan a algunha das seguintes categorías:

                      I.        Viños con denominación de orixe protexida.

                     II.        Viños con indicación xeográfica protexida.

                    III.        Viños en que se indique a variedade de uva de vinificación

b)    Consideraranse elixibles para realizar medidas de promoción todos os terceiros países, e serán prioritarios os seguintes: Australia, Brasil, China, Corea do Sur, Estados Unidos, India, Indonesia, Xapón, Marrocos. México, Rusia, Singapur, Sudáfrica, Turquía, Países do Golfo (Arabia Saudita, Kuwait, Bahrein, Qatar, EAU, Omán),  Canadá,  Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Filipinas, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Noruega, Panamá, Perú, Suíza, Tailandia, Ucraína, Venezuela, Vietnam.

 

GASTOS SUBVENCIONABLES

a)    Custos de persoal da empresa dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa, mediante os datos do contrato, e cotización á Seguridade Social por conta da empresa e os impostos persoais á renda (IRPF). Tanto se é persoal técnico como administrativo deberase demostrar a dedicación en exclusiva ás actividades de promoción establecidas no programa aprobado.

b)    Custos de persoal da empresa non dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa mediante os datos do contrato, cotización á Seguridade Social e o IRPF. Ademais deberán achegar as correspondentes táboas horarias onde se indique categoría profesional, número de horas de dedicación, custo horario e custo total; así como certificación do responsable de persoal da empresa que acredite a relación do traballador co programa aprobado. Avaliarase a coherencia das ditas táboas co programa e subvencionarase unicamente o importe xustificado mediante as ditas táboas.

A suma das letras a e b (custos de persoal) non poderá superar o 13 % do total de custos do programa aprobado, por este motivo os ditos gastos deberán figurar convenientemente desagregados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.

c)     Gastos xerais: serán subvencionables os custos xerais do beneficiario ata un límite dun 4 por cento dos custos efectivos de execución das actividades promocionais. Estes gastos para ser subvencionables deberán estar recollidos como unha partida específica no orzamento recapitulativo do programa. Xustificaranse mediante un certificado do beneficiario que acredite eses gastos de administración e xestión do programa aprobado.

d)      Aloxamento, manutención e comidas colectivas: Aboaranse as seguintes cantidades máximas:

      Para o aloxamento: 120 euros/día en España e 180 euros/día en terceiros países.

      Para a manutención: 80 euros/día en España e 90 euros/día en terceiros países. Na axuda de custo por manutención serán posibles dúas opcións:

o   Solicitar o importe a tanto global sen achegar xustificantes.

o   Solicitar o importe exacto das facturas achegadas.

      Para comidas colectivas: 60 euros/persoa en España e 70 euros/persoa en terceiros países. Para a súa xustificación será necesario xuntar a listaxe de participantes e a súa relación coa acción ou programa promocional obxecto da reunión.

e)    Viño que se empregará como material promocional: no caso de catas, misións inversas e similares será dun máximo dunha botella por cada 6 participantes.

f)       No caso de gastos en material promocional e de merchandising, o importe máximo de gasto admisible para cada un deses dous conceptos será do 30 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

g)      No caso de actividades consistentes en oficinas de información e gabinetes de prensa, o importe máximo de gasto admisible conxunto será o 50 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

h)      Gastos NON subvencionables:

      Gastos de transporte en taxi ou transporte público, cubertos polas axudas de custo diarias.

      Gastos bancarios, xuros bancarios ou primas das pólizas de seguros. Entre os ditos gastos están en particular, os gastos de constitución e mantemento dos avais bancarios que responden como garantía.

      Perdas por cambio de divisas.

      No caso de que se repita ou solicite unha prórroga para realizar o programa de promoción no mesmo país, non se poderán incluír gastos de actividades promocionais xa solicitadas no programa anterior (ex. custos de creación de páxinas web, anuncios de televisión e radio, elaboración de material audiovisual, estudos de mercado, etc.).

      Gastos que estean fóra do obxecto do programa.

      Creación e rexistro de marcas.

      Tampouco poderán considerarse subvencionables gastos equivalentes a descontos comerciais nin os asimilables a axudas directas ao produtor.

CONTÍA DAS AXUDAS

O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e farase con cargo ao concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, cunha dotación de 1.925.824 €, e para o ano 2017 cunha dotación de 1.750.000 €.

INCOMPATIBILIDADES

Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que están recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural e as accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países recollidas na alínea 3 do artigo 2 do Regulamento (CE) nº 3/2008, do Consello, do 17 de decembro de 2007.

En ningún caso estas axudas poderán ser acumuladas ou complementadas con outras axudas nacionais ou das comunidades autónomas dedicadas á mesma finalidade.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 2 de decembro de 2015 (DOG Nº237 do 14/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

OBSERVACIÓNS

      Para a convocatoria de 2016 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de xuño de 2016 e o 31 de maio de 2017.

      As axudas para execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países pagaranse despois da xustificación dos investimentos.

      O beneficiario poderá solicitar un anticipo polo 50 % da contribución comunitaria anual;  presentando unha garantía financeira, por un importe igual ao 110 % do anticipo da axuda.

      O programa divídese en dúas fases:

o   Fase de avaliación da calidade dos programas: só se considerarán aprobados aqueles programas que acadarán, polo menos, o 50 % da puntuación total establecida.

o   Fase de aplicación dos criterios de priorización: só aplicable aos programas que teñan superado a fase anterior.

 A comisión de valoración, emitirá un informe coa valoración das solicitudes que teñan superado a fase de avaliación da calidade dos programas, aplicando os criterios de priorización establecidos, e que elevará á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Esta dirección xeral elaborará unha lista provisional coas accións e programas ordenados por puntos, e que remitirá ao Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente antes do 1 de abril de cada ano xunto coa documentación dos programas seleccionados (copia dos formularios).

Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial a lista definitiva das accións e programas seleccionados e as condicións establecidas para eles, as solicitudes correspondentes á Comunidade Autónoma serán resoltas pola persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo máximo de 6 meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

      Transcorrido o prazo de seis meses sen terse notificado aos interesados ningunha resolución, estes poderán entender desestimada a súa solicitude de acordo co disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

      No caso de resolución positiva, os beneficiarios comunicarán á Consellería do Medio Rural, no prazo máximo de dous meses, a aceptación da resolución nos termos establecidos, así como a xustificación da constitución dunha garantía, por un importe non inferior ao 15% do montante anual do financiamento da Unión Europea, co fin de asegurar a correcta execución do programa.

      A exixencia principal, será a execución das accións obxecto da resolución favorable, que deberá acadar, polo menos, o cumprimento do 50 % do orzamento total aprobado en conferencia sectorial (sen modificacións). Por debaixo deste procederase á execución total da garantía de boa execución, ademais de non pagar a parte executada independentemente da porcentaxe que sexa.

      Os beneficiarios poderán elixir entre a posibilidade de solicitar un único pagamento ou pagamentos intermedios da contribución comunitaria anual.

      Todos os pagamentos deben realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusiva a este fin.

      A comunidade autónoma realizará o pagamento nun prazo máximo de 75 días desde a recepción completa da solicitude de pagamento.

 

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese.

 

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto