Obxectivo: Contratación de persoas mozas desempregadas con contratos indefinidos e temporais.
Cubre (ata 8.200 €): salarios das persoas mozas contratadas
Remata: 30/09/2016 (ou o 29/02/2016 para os contratos xa realizados entre o 01/11/2015 e 30/12/2015)

CONVOCA

Consellería de Economía, Emprego e Industria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 31 de decembro de 2015 rematará o 30 de setembro de 2016.

Se a contratación subvencionable se formalizou entre o 1 de novembro de 2015 e a data de publicación desta orde (30/12/2015), o prazo de presentación de solicitudes rematará o 29/02/2016.

Deberán solicitarse ata o último dia do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral e, en todo caso, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2016.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Incentivar a contratación por conta allea, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través dos seguintes programas:

a) TR349I: Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

b) TR349L: Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva (ata esgotamento do crédito orzamentario).

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

1. A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida e non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación.

2. Ca contratación indefinida ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

3. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

4. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

Contratacións indefinidas realizadas desde o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

As contratacións de carácter temporal realizadas desde o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

As transformacións en indefinidos dos contratos temporais realizados desde o 1 de novembro de 2015 e subvencionados ao abeiro deste programa, sempre que a transformación se formalice ata o 30 de setembro de 2016.

CONTÍA DAS AXUDAS

Contratacións indefinidas

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros. Esta contía incrementarase en 600 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa en que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos segundo se define no artigo 3 desta orde a contía do incentivo será de 8.200 euros.

2. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

3. Os beneficios establecidos á contratación neste capítulo non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Contratacións temporais

Para o cálculo:

A. 200 euros por cada un dos seis primeiros meses completos da duración do contrato. Esta contía incrementarase en 20 euros mensuais no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa na que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos segundo se define no artigo 3 desta orde a contía do incentivo incrementarase ata 50 euros por mes completo de contratación.

B. 300 euros por cada unha das seguintes mensualidades completas da duración do contrato e ata un máximo de seis. Esta contía incrementarase en 30 euros mensuais no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa na que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos segundo se define no artigo 3 desta orde a contía do incentivo incrementarase ata 50 euros por mes completo de contratación.

·         Os contratos para a formación e a aprendizaxe incentivaranse cunha axuda de ata 1.200 €, sempre que a súa duración sexa de doce meses e a parte proporcional cando no caso de autorización mediante convenio colectivo a duración do mesmo sexa inferior, e o tempo efectivo de traballo sexa igual ao 75% da xornada de traballo.

Esta contía incrementarase en 20 euros mensuais no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa na que concorra algún dos factores.

No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos segundo se define no artigo 3 desta orde a contía do incentivo incrementarase ata 50 euros por mes completo de contratación.

·         Os contratos en prácticas incentivaranse cunha axuda de 3.600 euros. Esta contía incrementarase en 300 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller.

No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos segundo se define no artigo 3 desta orde a contía do incentivo será de 4.200 euros.

·         A transformación de contratos temporais subvencionados ao abeiro desta orde de convocatoria en indefinidos incentivarase con 2.500 euros. No caso de que a transformación do contrato temporal en indefinido sexa realizada por unha empresa pertencente a un sector estratéxico segundo se define no artigo 3 desta orde a contía do incentivo será de 3.700 euros.

Se a transformación se produce con anterioridade ao remate da duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

INCOMPATIBILIDADES

Os incentivos establecidos para cada modalidade de contratación recollidos nesta orde son incompatibles entre si.

As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

Serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados.

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis. Non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Consello.

b) As axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.

c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

i) cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas

ii) cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma se repercuta aos produtores primarios

d) As axudas ás actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 29 de decembro de 2015 (DOG Nº248 do 30/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016.

OBSERVACIÓNS

O prazo para resolver e notificar é de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

 

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese.

 

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto