Obxectivo: Investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións.
Cubre (ata un 50%): Construción, adquisición de bens inmobles, mellora dos mesmos, compra de terreos, maquinaria, equipamentos, programas informáticos, patentes, marcas, entre outros.
Remata: 29/01/2016

CONVOCA

Consellería do Medio Rural

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 30 de decembro de 2015 rematará o 29 de xaneiro de 2016.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

O conxunto de investimentos subvencionables debe ser superior a 30.000 euros.

Non se concederán axudas a investimentos iniciados con anterioridade á presentación dunha solicitude de axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento a data na cal se produza, en primeiro lugar, ben o inicio das obras de construción relativas aos investimentos, ou ben o primeiro compromiso xuridicamente vinculante para realizar un pedido de equipamentos ou servizos ou calquera outro compromiso que faga irreversible o proxecto. A compra de terreos, así como os gastos sinalados no punto 4.d) do artigo 3 desta orde, non será considerado como inicio do investimento sempre que se iniciasen con posterioridade ó 18 de novembro de 2015.

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes:

a)      Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

b)      Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c)       Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d)      Os custos xerais vinculados ás letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

CONTÍA DAS AXUDAS

As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

Tipos de produtos finais

Tipo de empresa solicitante

Microempresas e pequenas empresas

Empresas medianas

Empresas non pemes

Incluídos na súa totalidade no anexo -I- do Tratado

50 %

50 %

50 %

Non incluídos na súa totalidade no anexo-I- do Tratado

35 %

25 %

0 %

INCOMPATIBILIDADES

Estas axudas son compatibles con calquera outra para o mesmo fin sempre que a suma total das axudas concedidas, incluídas as de minimis, non supere as porcentaxes de axuda indicadas no apartado anterior.

Estas axudas son en todo caso incompatibles con calquera outra para o mesmo fin se teñen financiamento parcial ou total do Feader ou doutros fondos da Unión Europea, así como con calquera outro instrumento financeiro comunitario.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 22 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016.

OBSERVACIÓNS

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución definitiva será o 28 de xullo de 2016.

 

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto