Obxectivo: Maquinaria, obra civil e outros bens de equipamento; para ampliacións de capacidade, creación dun novo establecemento, ou ampliación do existente.
Cubre (ata un 35%): Maquinaria, instalacións, equipos, vehículos, obra civil, edificacións, entre outros.
Remata: 16/12/2016, ou cando se esgote o crédito

CONVOCA

IGAPE

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 de xaneiro de 2016 rematará o 16 de decembro de 2016 (ou cando se esgote o crédito).

FINALIDADE / OBXECTIVO

Promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.

IG227: Investimentos en maquinaria e outros bens de equipamento para ampliacións de capacidade, diversificación da produción ou cambio esencial no proceso de produción dun establecemento existente.

IG228: investimentos en obra civil e maquinaria e outros bens de equipamento para a creación dun novo establecemento ou ampliación dun xa existente que presentan un elevado potencial de creación de emprego directo e indirecto.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Sociedades mercantís con tamaño de pequenas e medianas empresas (pemes), que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que desenvolvan no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases para cada tipo de proxecto subvencionable.

c) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

SECTORES INCENTIVABLES

Anexo II. Entre outras, Industria de alimentación, fabricación de bebidas.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

IG227

Proxectos de investimento en equipos produtivos, para ampliacións de capacidade, diversificación da produción ou cambio esencial no proceso de produción dun establecemento existente.

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 euros e inferior a 900.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

A axuda debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Antes de iniciar o proxecto o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto non será subvencionable. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución de obras ou pedido de calquera outro investimento, entendéndose por proxecto os investimentos comprendidos na solicitude da axuda. A compra dos terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

IG228

Proxectos de xeradores de emprego que cumpran os seguintes requisitos:

1º O proxecto deberá cumprir algún dos seguintes parámetros:

I. A creación dun novo establecemento ou a ampliación de capacidade dun establecemento existente, que supoña un investimento subvencionable igual ou superior a 150.000 euros e inferior a 900.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios, e o mantemento do emprego.

II. A creación dun novo establecemento ou a ampliación de capacidade dun establecemento existente que supoña un investimento subvencionable igual ou superior a 50.000 euros inferior a 150.000 euros, sempre e cando supoña unha creación neta de emprego ligado ao investimento, cuxo custo salarial para o período dun ano, dos postos de traballo a crear, alcancen un importe comprendido entre 150.000 euros e 900.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

III. A creación dun novo establecemento ou a ampliación de capacidade dun establecemento existente que supoña un investimento subvencionable igual ou superior a 900.000 euros excluíndo impostos, taxas e arbitrios e inferior a 2.000.000 euros, sempre e cando se corresponda con actividades que non se consideren atendibles pola Lei 50/1985, do 27 de decembro, de incentivos rexionais, e leven consigo á creación de emprego fixo.

2º.- A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda... (mesmas condicións que IG227).

3º.- Os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos non serán subvencionables, excepto os correspondentes as actividades que tradicionalmente se viñan prestando por empresas privadas, a risco e ventura destas e cuxos clientes son tamén empresas privadas.

Nos proxectos xeradores de emprego definidos nos puntos II. e III. do apartado 1º, e no caso do primeiro establecemento, dos definidos no punto I., o solicitante deberá comprometerse á creación de emprego con carácter indefinido. Así mesmo, para os proxectos definidos no punto III., o Igape esixirá nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

Os investimentos deberán realizarse en bens novos, adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes do remate do prazo de execución do proxecto.

IG227

a) Maquinaria de proceso.

b) Instalacións específicas para a actividade subvencionable.

c) Equipos e medios de transporte interior.

d) Vehículos especiais de transporte exterior.

e) Medios de protección do ambiente asociados aos investimentos.

f) Outros bens de equipamento, entendendo como tales aqueles bens que forman parte dos activos fixos da empresa e interveñen directamente no proceso produtivo. Non se consideran bens de equipamento produtivo, as pezas de recambio nin os envases e embalaxes, aínda que sexan reutilizables.

O prazo de execución do proxecto será o proposto polo solicitante no plan de investimentos e non poderá ser superior a 6 meses, computado desde a notificación da resolución de concesión.

IG228

i) Obra civil: oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto.

ii) Adquisición de edificacións ou construcións, por un importe que non exceda do 10% do gasto total subvencionable.

iii) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto. No sector de transporte non son subvencionables os medios e equipamento de transporte exterior.

iv) Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.

v) Activos inmateriais, en contía non superior ao 50% do investimento subvencionable.

Será, así mesmo, subvencionable o custo salarial para o período dun ano, nos proxectos relacionados no apartado 1º.ii) anterior. Enténdese por custo salarial o importe composto polo salario bruto, é dicir, antes de impostos, e as cotizacións obrigatorias, como a seguridade social.

O prazo de execución do proxecto será o proposto polo solicitante no plan de investimentos e non poderá ser superior a 12 meses, computado desde a notificación da resolución de concesión. No caso dos proxectos relacionados no apartado 1º.ii) anterior, nos que a base subvencionable sexan os salarios do período de 12 meses, este computarase dende a data establecida para o remate dos investimentos.

CONTÍA DAS AXUDAS

IG227

A subvención poderá chegar ata o 20% dos investimentos subvencionables no caso de pequenas empresas, e ata o 10% no caso de medianas empresas.

IG228

A subvención poderá chegar ata o 35% dos investimentos subvencionables no caso de pequenas empresas, e ata o 25% no caso de medianas empresas.

INCOMPATIBILIDADES

Estas axudas poderán ser compatibles cos programas de axuda financeira do IGAPE como poden ser, entre outros, os préstamos ou a subsidiación do tipo de xuro, e tamén con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados financiadas con fondos Feder, ata o límite máximo de intensidade de axuda indicado en termos de equivalente de subvención bruta seguintes:

- Ata o 25% para medianas empresas.

- Ata o 35% para pequenas empresas.

Non obstante, dito límite poderá ser inferior, de acordo coa análise da normativa reguladora das axudas concorrentes.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016.

OBSERVACIÓNS

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 5 meses desde a presentación de solicitude de axuda. O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de xuño de 2018.

 

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto