Obxectivo: Auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
Cubre (ata un 50%): Auditorías, equipamentos, instalacións, certificacións, entre outros.
Remata: 01/03/2016

CONVOCA

Instituto Enerxético de Galicia

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 15 de xaneiro de 2016 rematará o 1 de marzo de 2016.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou da industria. Para efectos desta orde, considerarase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, K, L ,M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na Sección C ou D do CNAE-2009.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 € por actuación salvo no caso das auditorías enerxéticas cuxo investimento mínimo será de 6.000 € por auditoría.

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas que analicen de xeito integral o proceso produtivo do centro de traballo da empresa e que propoña medidas de redución do consumo enerxético.

Será subvencionable a substitución de vehículos por outros novos máis eficientes que satisfagan as mesmas necesidades e que utilicen combustibles alternativos a gasóleo e gasolinas por exemplo vehículos a gas natural, GLP, hidróxeno… Os novos vehículos deben ser, polo menos, un 20 % máis eficientes e deben xustificar que ou ben manteñen as mesmas prestacións (carga máxima, volume, potencia…) que os vehículos aos que substitúen ou ben que as súas prestacións son suficientes e mellor adaptadas para realizar as funcións do vehículo a que substitúen.

Tamén será subvencionable a transformación de vehículos existentes para adaptalos á utilización de combustibles alternativos a gasóleo e gasolinas que reduzan o nivel de emisións contaminantes, por exemplo, a adaptación de vehículos a gas natural, GLP, hidróxeno… Os vehículos transformados deben ser polo menos un 5 % máis eficientes en termos de consumo de enerxía primaria.

Será subvencionable a implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a Norma ISO 50.001 por entidade acreditada durante o período de xustificación.

Nos proxectos de aforro e eficiencia enerxética considerase custo elixible os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética:

·         Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidores de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento

·         Renovación ou mellora de equipamentos de instalacións existentes no sector industrial ou servizos de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas

·         Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación existentes nos centros de produción do sector industrial

·         Instalacións fotovoltaicas, minieólicas, solares térmicas, bombas de calor (aerotermia, xeotermia e hidrotermia), biogás e calquera outro sistema de aproveitamento de enerxías renovables

·         Implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía

·         Outras actuacións que permitan un aforro dun mínimo do 20%

CONTÍA DAS AXUDAS

Entre un 30 e 50%, segundo caso particular.

Os importes varían segundo as actividades, que en algunha actividade podería chegar a un máximo de 23.000 €, ó que se sumarían outras actividades subvencionables no caso de solicitar por varios conceptos.

INCOMPATIBILIDADES

Serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto ou finalidade, leve cofinanciamento comunitario.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 16 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016.

OBSERVACIÓNS

O prazo para resolver e notificar remata o 30 de xuño de 2016.

 

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto