Obxectivo: Actuacións de difusión, promoción e prospección novos mercados.
Cubre (ata un 75%): Campañas de publicidade, marketing dixital, web, exposición feiras, axendas de reunións no estranxeiro, entre outros.
Remata: 26/02/2016

CONVOCA

IGAPE

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Comezará o 4 de xaneiro de 2016 e rematará o 26 de febreiro de 2016.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Incentivar a realización de accións de promoción exterior. Subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión

b) Actuacións de promoción

c) Prospección novos mercados: Axendas de reunións no estranxeiro e seguimento de contactos iniciais no estranxeiro con posibles socios ou clientes.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de minimis.

Debe tratarse de proxectos de promoción que se inicien en 2016 con execución de gasto entre o 4 de xaneiro e 29 de xullo de 2016 teñan ou non continuación a partir desa data. Non se admitirán proxectos que se inicien a partir do 29 de xullo de 2016 e que -polo tanto- soliciten só orzamento de 2017.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), que cumpran a definición de peme, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2016, ou en exercicios anteriores.

d) Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

Tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión:

Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro

Plataforma de promoción online para mercados estranxeiros.

Márketing dixital. Deseño de web para mercados internacionais, posicionamento da web nos mercados internacionais e posicionamento internacional en redes sociais.

b) Actuacións de promoción:

Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros fóra de España. E participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2015 ou 2016 no Boletín Oficial do Estado (independentemente da data de celebración do evento para o que se solicita a axuda).

No caso de participación en accións agrupadas organizadas polo ICEX só se subvencionarán conceptos subvencionables non subvencionados por este organismo polo que se requirirá convocatoria ou escrito deste organismo no que se manifeste cales son os conceptos de gasto subvencionados.

Non se subvencionará a participación en eventos nos que estea programada unha participación agrupada subvencionada pola Xunta, a non ser que non se poida participar na acción por exceso de cupo ou outras causas non imputables ao solicitante da axuda.

Elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro da empresa ou os seus produtos e servizos (só se concedera axuda para este tipo de actuación no caso de que se conceda axuda para unha actuación de promoción do tipo das anteriores).

c) Prospección novos mercados: Axendas de reunións no estranxeiro e seguimento de contactos iniciais no estranxeiro con posibles socios ou clientes.

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na que se poderán incluír varias actuacións.

Non se concederá axuda a aquelas solicitudes que, unha vez avaliadas, presenten un gasto subvencionable total inferior a 5.000 euros.

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

a) Nas actuacións de difusión, previstas na letra a) do artigo 1 terán a consideración de conceptos subvencionables os seguintes (por un gasto subvencionable máximo por solicitude de axuda, por todos os seguintes conceptos 1º a 4º de 6.500 euros):

1º Inserción nos medios de comunicación.

2º Cotas de participación en plataformas de promoción online.

3º Asistencia externa para posicionamento en internet (community manager).

4º Deseño, creación e aloxamento de páxina web ou aplicación soporte comercio electrónico. Non serán subvencionables os gastos de mantemento.

Será necesario xustificar os gastos 3º e 4º antes da concesión da axuda cun informe da empresa ou empresas a contratar na que se indique como mínimo: tipos de servizos a prestar, cronograma e resultados esperados.

En todo caso, deberá xustificarse coa solicitude a necesidade e alcance das actuacións para as que se solicita axuda, mercados aos que se dirixe e resultados esperados.

b) Nas actuacións de promoción, previstas na letra b) do artigo 1, terán a consideración de conceptos subvencionables os seguintes (por un gasto subvencionable máximo total por todos os seguintes conceptos 1º a 3º de 24.000 euros por evento para o que se conceda axuda ou se liquide axuda):

1º Gastos de viaxes:

i) Viaxe á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se viaxe ou regrese dende outro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o hotel do país no que se celebra a acción.

ii) Hotel (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoctas.

O gasto subvencionable máximo polos conceptos anteriores por solicitante e por evento é o establecido no anexo IV destas bases.

Só se admitirán os gastos de viaxe correspondentes a unha persoa por empresa solicitante.

2º Gastos de aluguer de espazos e servizos relacionados:

I. Solo e ou stand: contratación de espazo, aluguer ou construción de stand, aluguer de mobiliario ou outra decoración.

II. Servizos inherentes á participación facturados polo organizador do evento.

3º Gastos de asistencia externa: Gasto subvencionable máximo por estes conceptos i) a iii) seguintes por solicitude de axuda: 13.000 euros.

I. Intérpretes, modelos, azafatas, ou outro persoal de apoio.

II. Envío de mostras e catálogos.

III. Deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

c) Nas actuacións de prospección de novos mercados, previstas na letra c) do artigo 1, terá a consideración de concepto subvencionable:

Asistencia externa no estranxeiro para a realización de axendas, e/ou seguimento de contactos iniciais (excepto para servizos ofertados pola rede Pexga). Gasto subvencionable máximo por este concepto por solicitude de axuda: 2.500 euros.

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.

b) Imposto sobre o valor engadido (IVE) a non ser que se acredite que non é recuperable.

c) Aqueles gastos que resulten de carácter xeralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.

d) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

e) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.

Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase na data establecida na resolución de convocatoria (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir desa data) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do prazo máximo de execución indicado na resolución de convocatoria.

Tamén serán subvencionables os gastos efectuados no segundo semestre do exercicio 2015 esixidos en concepto de reserva para a participación en eventos expositivos realizados no exercicio 2016.

CONTÍA DAS AXUDAS

Intensidade da axuda sobre os gastos subvencionables: 75%.

Para as actuacións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 72.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 96.000 euros).

INCOMPATIBILIDADES

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo proxecto ata o 100% do gasto subvencionable.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016.

OBSERVACIÓNS

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o 31 de maio de 2016.

O prazo de execución dos proxectos iniciarase o 4 de xaneiro de 2016 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir desta data) e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2017.

Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 29 de xullo de 2016, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 12 de agosto de 2016. Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2017, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de xullo de 2017.

ANEXO IV (GASTOS MÁXIMOS DE VIAXES/ALOXAMENTO)

Gastos máximos de viaxe subvencionables por tramos de distancia entre cidade de orixe e destino (no caso de misións inversas de distintas cidades de orixe e destino terase en conta a distancia media de ambas cidades coa cidade galega obxecto da misión inversa):

Distancias

Importe

Entre 100 e 499 km

180 €

Entre 500 e 1.999 Km

275 €

Entre 2.000 e 2.999 km

360 €

Entre 3.000 e 3.999 km

530 €

Entre 4.000 e 7.999 km

820 €

8.000 Km ou máis

1.100 €

Distancia desde a cidade española de orixe á cidade de destino de celebración do evento: calculada en quilómetros segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o abono dos desprazamentos en proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/tools/distance_en.htm

Gastos máximos de aloxamento subvencionables por país:

País

Importe por pernocta

Dinamarca, Irlanda, Países Baixos, Suecia, Reino Unido

120 €

Bélxica, Bulgaria, República Checa, Grecia, Francia, Italia, Chipre, Luxemburgo,

105 €

Hungría, Austria, Polonia, Romanía, Finlandia, Islandia, Liechtenstein,

90 €

Noruega,Turquía

75 €

Alemania, España, Letonia, Malta, Portugal, Eslovaquia, Antiga República

120 €

 

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese.

 

 

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto