Obxectivo: Mellora de competitividade (novas instalacións, ampliacións, investigación, ...) das pemes e creación de novas empresas
Cubre (ata 35%): Obra civil, máquinas, equipamentos, alugueres, activos fixos inmobiliarios, patentes, licenzas, materias primas, investigación, auditorías, entre outros
Remata: 12/02/2016

CONVOCA

Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 de xaneiro de 2016 e rematará o 12 de febreiro de 2016.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola e do sector da pesca e a acuicultura.

Promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas.

Creación de novas empresas e viveiros de empresas, en particular mellorando o acceso ao financiamento e a servizos de apoio avanzados.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Pequenas e medianas empresas, que cumpran:

            Composición do capital (Sociedades mercantís): Maioritariamente formado pola suma da participación de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades  económicas por conta propia na data de presentación de solicitudes e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscrito a rece asimilable ás coñecidas como bussiness-angels. O capital conxunto de persoas que desenvolvan outras actividades non poderá ser maior ao 49%. Polo menos unha das persoas físicas con participación superior ao 20% no capital e sen outra actividade por conta propia deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa e ata o fin do período de execución do proxecto establecido na resolución da concesión.

            Antigüidade na actividade empresarial: No caso de autónomos, a alta censal terá antigüidade menor aos 42 meses no momento da solicitude da axuda e deberá ter dedicación  plena ao proxecto (non podendo desempeñar ningunha outra actividade por conta propia ou allea). Así mesmo tampouco poderá haber máis de 42 meses entre a alta censal e constitución e a data de solicitude no caso das sociedades.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

1.- Proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Presentar un custo subvencionable superior a 25.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.

c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

2.- Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25% do capital dunha sociedade mercantil.

3.- Considérase nova peme, para os efectos destas bases:

a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda desde o día da dita solicitude).

b) No caso de sociedades, cando a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

SECTORES INCENTIVABLES

En hostalaría, restauración e hospedaxe, os proxectos subvencio­nables limitaranse aos de ampliación dun establecemento existente ou cambio substancial do establecemento, salvo que se trate de proxectos de creación dun novo establecemento para actividades de turismo activo, balnearios ou talasos.

Non subvencionables

-       Actividade do sector da pesca e acuicultura e da produción agrícola primaria (as do sector transformación e comercialización de produtos agrícolas SI son subvencionables).

-       Actividades do sector do aceiro, do carbón, construción naval, das fibras sintéticas, sector dos transportes e infraestruturas conexas. Produción e distribución de enerxía e infraestruturas enerxéticas

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

Subvencionaranse os investimentos:

1.     Investimentos realizados en:

a.     Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións,

b.     Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobi­liario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, e equipamentos de protección do ambiente.

c.     Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

d.     Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, «know how» e coñecementos técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas,

2.     Gastos de aprovisionamentos de materias primas e de mercadorías ou servizos de profesionais independentes necesarios para vender un produto ou servizo, ata o 10 % do proxecto subvencionado total.

3.     Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

4.     Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo máximo de dez meses.

5.     Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 14.6.b) destas bases.

6.     Igualmente, considérase subvencionable a adquisición de activos pertencentes a un establecemento cando se cumpran as seguintes condicións: Que o establecemento pechase se non fose adquirido, que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador e que a operación teña lugar en condicións de mercado.

CONTÍA DAS AXUDAS

Os pertencentes a un establecemento que pecharía se non fose adquirido, sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador ou de operacións realizadas en condicións de mercado:

10% no caso de empresas medianas

20% no caso de empresas pequenas

Resto dos investimentos:

25% en xeral

Ata 35% no caso de empresa pequena

INCOMPATIBILIDADES

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda ou subvención para os mesmos gastos do proxecto cofinanciadas con instrumentos financeiros comunitarios.

2. Noutro caso, as axudas serán compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que respecten as intensidades de axuda máxima indicadas nestas bases, en función da normativa de aplicación a cada concepto de gasto. 

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016.

OBSERVACIÓNS

O prazo máximo para resolver e notificar será o 31 de maio de 2016, transcorrido este poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2017

Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2016, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de xullo de 2016. 

Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2017, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de xullo de 2017.

 

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto