Obxectivo: Proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado, solicitados por agrupacións de empresas.
Cubre (ata un 80%): Persoal, equipamento, patentes, servizos, entre outros.
Remata: 22/01/2016

CONVOCA

Axencia Galega de Innovación

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 23 de decembro de 2015 rematará o 22 de xaneiro de 2016.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Agrupacións de empresas, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes. Deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas non vinculadas entre si das que unha deberá ser peme e, como máximo, por seis empresas.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, e un dos socios, o líder, asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no documento contractual que se realice para ese efecto. O líder recibirá a axuda concedida e será o responsable da súa distribución entre os socios participantes, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da axuda conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Axencia Galega de Innovación.

O proxecto terá un orzamento subvencionable mínimo de 500.000 euros e un máximo de 1.500.000 euros dividido nas distintas actividades que realizará cada un dos integrantes da agrupación. Exixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 75.000 euros e a repartición da participación de cada empresa deberá ser equilibrada, e non superará en ningún caso, a participación dunha única empresa (ou empresas vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto.

INVERSIÓNS OU GASTOS COMPUTABLES

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación en materia de organización e a innovación en materia de procesos.

Conceptos subvencionables:

a) Custos directos: os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade pode demostrarse. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1. Custos de persoal.

2. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

3. Materiais, subministracións e produtos similares.

4. Adquisición de patentes.

5. Servizos tecnolóxicos externos.

6. Subcontratacións.

b) Custos de carácter indirecto: os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

CONTÍA DAS AXUDAS

Porcentaxes máximas:

 

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas

60 %

50 %

40 %

Innovación en materia de procesos e organización

50 %

50 %

15 %

 

INCOMPATIBILIDADES

As axudas previstas nesta resolución serán incompatibles coa percepción de calquera outra subvención ou axuda para a mesma finalidade ou os mesmos custos procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 30 de novembro de 2015 (DOG Nº243 do 22/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016.

OBSERVACIÓNS

O prazo para resolver remata o 22 de maio de 2016.

 

Contacta con nós se crees que esta axuda pode ser do teu interese.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto