A Deputación de Pontevedra convoca axudas para adquisición, reposición e colocación dos plásticos das cubertas dos invernadoiros nos cultivos baixo abrigo da provincia de Pontevedra.

Con motivo de condicións climáticas adversas, ou por mor de accidentes no interior do invernadoiro ou simplemente debido ó paso do tempo, os plásticos dos invernadoiros deterióranse e rómpense.

INVESTIMENTOS

Os materiais adquiridos nunca poderán ser usados ou de segunda man e poderase destinar á súa adquisición o 50 % da axuda solicitada e por unha contía máxima de tres mil (3.000) €.

CONDICIÓNS DOS BENEFICIARIOS

Realizar unha actividade hortícola baixo cuberta á que se dedique unha superficie mínima de 500 m2.

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

Acompañaranse da seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do DNI do representante legal.
  • Memoria técnica das accións que se desenvolverán cos obxectivos que se pretenden alcanzar.
  • Esbozo do emprazamento dos invernadoiros no que se indique o número de polígono e parcela correspondentes (SIXPAC).
  • Declaración das axudas económicas solicitadas ou concedidas con este mesmo fin.
  • Certificado de pertencer á entidade asociativa agraria asinado polo seu secretario, cando corresponda.
  • Fotocopia compulsada do último recibo de pagamento á Seguridade Social, no Réxime Especial Agrario, en caso de estar dado de alta neste réxime.
  • Certificación bancaria orixinal na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco ou caixa e da sucursal para realizar o pagamento da axuda.

LUGAR E PRAZO

Nos rexistros do organismo provincial (en Pontevedra e Vigo).

Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir do día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) para presentar as solicitudes correspondentes. Ata o 18 de outubro.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

  • Produtor pertencente a unha entidade asociativa agraria, 15 puntos.
  • Produtor dado de alta no Réxime Especial Agrario, 15 puntos.
  • Produtor que inicie a actividade hortícola, 10 puntos.
  • Produtor menor de 50 anos, ata un máximo de 15 puntos:
    • De 16 a 30 anos: 15 puntos
    • De 31 a 40 anos: 10 puntos
    • De 41 a 50 anos: 5 puntos
  • Explotación baixo cuberta maior de 3.000 m2, ata un máximo de 25 puntos:
    • De 500 a 900 m2: 5 puntos
    • De 900 a 1.000 m2: 10 puntos
    • De 1.000 a 2.000 m2: 15 puntos
    • De 2.000 a 3.000 m2: 20 puntos
    • Maior de 3.000 m2: 25 puntos
  • A adecuación da actividade hortícola para o potenciamento dos cultivos deste tipo na provincia de Pontevedra, ata un máximo de 20 puntos

No caso de que se xustifique o gasto polo 100 % do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100 % aboarase a parte proporcional

XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

  • Conta xustificativa dos gastos, asinada polo beneficiario da axuda no caso de persoas físicas ou polo representante legal da entidade en caso de persoas xurídicas, na que determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas.
  • Xustificación con facturas ou documentos análogos.
  • Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado.
  • Memoria xustificativa na que se detalle a consecución dos obxectivos previstos.
  • Xustificación dos ingresos ou do financiamento obtido para a mesma finalidade.

CONTROL E SEGUIMENTO

Os técnicos do Servizo de Medio Ambiente da Deputación velarán por que se cumpran as condicións esixidas polo que se levarán a cabo as inspeccións e comprobacións oportunas.

RESPONSABILIDADES

O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderán dar lugar á existencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas.

Se estás interesado en que tramitemos esta axuda por ti, ponte en contacto con nós e informámoste: CONTACTO

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto