As oficinas de AGRONOVO encóntranse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo,
no Recinto Feiral, sito entre o río Miño e a estrada nacional N-VI.
Gracias a súa especial localización é posible a utilización dos servizos comúns do Pazo como a Sala de Xuntas,
o Salón de Actos e os seminarios, ademais das facilidades de aparcamento e vixilancia propios das instalacións.
AGRONOVO naceu no ano 2003 tras detectar que había unha demanda de información e asesoramento en produción ecolóxica por parte dos produtores.
Deste xeito AGRONOVO é a primeira asesoría especializada en produción ecolóxica de Galicia.
Naquel primeiro ano, recibimos o premio FUNDACIÓN CEL na categoría de creación de empresas por universitarios.
Ámbito de actuación
O noso ámbito de actuación céntrase na agricultura e gandería de produción ecolóxica, sen esquecernos de outros traballos de
produción convencional. Buscamos, dende a perspectiva da agricultura e gandería ecolóxica, aumentar a rendibilidade das explotacións,
cooperativas ou outras formas societarias.
Agricultura ecolóxica
Agricultura ecolóxica é un sistema de produción agraria que busca obter alimentos, tanto de orixe animal como vexetal, respectando
o medio ambiente, e conservando a fertilidade ó utilizar de forma óptima os recursos, sen o emprego de produtos químicos de síntese
nin organismos modificados xenéticamente e coa máxima calidade nutritiva e organoléptica.
A demanda deste tipo de produtos é cada vez maior, dado que os consumidores buscan alimentos de alta calidade e ó mesmo tempo que
respecten tanto o medio ambiente como a e eles mesmos. Esta demanda repercute nas orientacións produtivas de agricultores, gandeiros e
industria elaboradora, aportando un valor engadido ós seus produtos.
Metodoloxía de traballo
En AGRONOVO creemos que a mellor forma de traballo é estar o máis preto posible dos nosos clientes, manténdoos informados de
calquera novidade que lles poida ser útil e tentando que eles só teñan que preocuparse de producir. Temos comprobado que esta forma
de traballo é a que máis se adapta aos nosos clientes debido ós continuos cambios que se producen na produción ecolóxica. Son eles,
os nosos clientes, os que avalan o noso traballo coa súa confianza.
Equipo de traballo
AGRONOVO conta cun equipo de enxeñeiros técnicos agrícolas preparados para aportar solucións a tódolos nosos clientes, con un
gran espírito de traballo e sempre apostando pola produción ecolóxica e as accións respectuosas co medio.